Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

González trata os orzamentos coa oposición este mércores

Outes. O executivo municipal de Outes está traballando na confección do proxecto de orzamentos para o presente exercicio. Segundo sinalaron este martes fontes municipais, xa existe “unha proposta de liñas mestras para os orzamentos” e que agora “vai ser compartida con todos os grupos da corporación”.

Así, o alcalde Manuel González, vén de convocar aos voceiros do PP, BNG e PSOE a unha reunión este mércores, 9 de febreiro, para recabar achegas ao proxecto orzamentario de cara a súa eventual aprobación.

O alcalde apuntou que este ano “se prevé un incremento dos ingresos derivado dunha maior achega dos fondos do Estado así como da liquidación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), que realiza a Deputación, que ten cedida a xestión deste imposto”.

En canto ós gastos, o rexedor indicou que “é necesario atender a un incremento importante no capítulo de persoal, derivado do convenio aprobado en 2019”.

Do mesmo xeito prevese conter o gasto corrente e manter os niveis de investimento, “financiado fundamentalmente con achegas doutras administracións”.

González agarda contar co apoio de todos os grupos da corporación de Outes. m. c.

08 feb 2022 / 20:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.