Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Gran Festa do Galego en Lousame este domingo

Lousame. Lousame prepárase para celebrar por todo o alto a XX Festa do Galego, que terá lugar o domingo 15 de maio na praza Teodomiro Hidalgo, en horario de 11.00 a 20.30 horas. “É a principal novidade: se o tempo o permite levaremos esta romaría das letras á praza do Concello porque pensamos que despois de dous anos de restricións hai gañas de celebralo ao aire libre e coa maior cantidade de xente posible”, explicou Silvia Agrafojo, concelleira de Cultura, na presentación da programación.

A XX Festa das Letras incluirá xogos e obradoiros culturais para os máis pequenos ao longo da xornada. Ao mediodía terá lugar Cores, contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita, un espectáculo musical e contacontos de Paco Cerdeira, Pakolas, e a ilustradora Laura Romero. Ás 17.00 horas, o grupo local O Son do Pote ofrecerá un concerto de música tradicional que dará paso, ás 19.00 horas, á actuación teatral Habeas corpus, de Malasombra Producións.

Finalmente, durante toda a xornada tamén haberá dúas exposicións a disposición do público asistente que xirarán en torno ás figuras de Florencio Delgado Gurriarán e do cura Diego Antonio Zernadas de Castro. A participación na festa é libre e de balde. m. c.

02 may 2022 / 20:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.