Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Gravan na vila boirense tres programas da TVG sobre a verbena galega

Será este sábado, vai actuar La Ocaband e asistirán convidados de diversas orquestras

Boiro. O centro urbano de Boiro acollerá o sábado 24 a gravación de tres programas do espazo 100 anos de verbena galega, unha serie de actuacións musicais que serán emitidos na Televisión de Galicia. Eses tres serán emitidos en xornadas de venres durante o verán. Nesta ocasión, a música soará da man de La Ocaband, con doce persoas convidadas pertencentes a outras orquestras galegas que van repasar a música e a historia de épocas polas que pasou a verbena galega.

A época da que se vai facer repaso é o fin de século XX, a década dos 90, o comezo de século XXI e a actualidade ata os nosos días. Ademais da parte musical, a emisión do programa inclúe imaxes do municipio que contribúen á difusión turística do mesmo.

A capacidade do público que poderá participar nas gravacións é limitada e require inscrición previa. Para poder asistir, as persoas interesadas deben coller as invitacións de maneira presencial na oficina de turismo do consistorio dende este xoves 22, en horario de 09.00 a 14.00 ou de 17.00 a 20.30 horas.

Terán prioridade as invitacións pero, no caso de non completarse o aforo, poderase entrar antes do inicio do espectáculo. Na presentación participaron, entre outros, o alcalde, José Ramón Romero, e o director do citado programa, Carlos Alleres. s. s.

21 jul 2021 / 15:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.