Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Heredeiros da Crus volverá actuar tras 20 anos na Pobra

A Pobra. A Praza Alcalde Segundo Durán da Pobra acollerá os días 2 e 3 de setembro a quinta edición do festival de metal e rock Entrebateas. A cita musical foi presentada polo alcalde, Lois Piñeiro; a concelleira de Cultura, Patricia Lojo; e Ricardo Boo, en representación da asociación cultural Xente ás Leiras.

Soziedad Alkoholika e Heredeiros da Crus (que volverá actuar na Pobra, onde o fixera por última vez hai vinte anos no festival Valleinrock) son os pratos fortes dun cartel tamén composto por Stoned At Pompeii, Golpe Radikal, Hybrid Park, Agoraphobia e Youcanthide. A banda Heredeiros da Crus está de aniversario, pois cúmprense 30 anos desde que por primeira vez subise ó escenario.

As entradas poderanse adquirir a través da páxina web www.entrebateas.com dende o día cinco de maio. O bono para a totalidade das actuacións terá un custo de vinte euros coa oferta de lanzamento que permanecerá vixente ata o 18 de maio; a partir desa data fixarase o prezo final en trinta euros.

O alcalde dixo que, a maiores, estanse configurando outras actividades complementarias que dependerán da acollida que teña o cartel nos vindeiros días, e algunhas delas terán relación co mar. s. s.

03 may 2022 / 18:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.