Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaje a Perpetua y Juan Malvárez en Muros

Muros. A casa da cultura de Muros acollerá o 3 de outubro o recoñecemento da figura de Fotógrafo histórico que se vén organizando nos últimos anos ao abeiro do premio Luís Ksado de Creación

Fotográfica, convocado pola Deputación da Coruña. Nesta edición son dous os homenaxeados, os muradáns Juan Malvárez e a súa filla Perpetua, a primeira muller en recibir esta distinción.

A xornada comezará ás 19.00 horas cun acto institucional encabezado pola alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e polo responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto, e no que tamén participa a neta do homenaxeado, Josefina Malvárez. Ás 19.30 horas celebrarase unha mesa redonda na que, ademais de Couto e de Málvarez, tomarán parte Isidro Dubert, profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela, e, como moderador, o fotógrafo Xurxo Lobato, comisario do premio Ksado.

“Baixo o selo Foto Malvárez”, afirma Couto para explicar os méritos de Juan e de Perpetua Málvarez ao recoñecemento, “está recollida a memoria social e as memorias familiares e particulares de toda unha comarca”. m. c.

29 sep 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.