Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xeila Iglesias repasou na Pobra a traxectoria como actriz de Josefina Blanco, a dona de Valle-Inclán

a pobra. Xeila Iglesias, membro da Cátedra de Extensión Cultural Valle-Inclán da USC, impartiu unha charla sobre a figura de Josefina Blanco, dona de Valle-Inclán, no marco das xornadas ao redor deste autor que se celebran na Pobra. Iglesias amosou artigos xornalísticos que destacan o talento dunha Josefina Blanco de tan só 5 anos, vaticinando xa o seu futuro no panorama artístico. Inflúen nisto os seus parentes máis próximos, pois a súa tía era actriz e seu pai era un actor afeccionado. Así, a comezos de 1900 eríxese como unha actriz consagrada, pero sempre adscrita a papeis de muller inxenua debido á súa constitución física. Foi precisamente nunha representación onde coincidiu co que se convertería no seu esposo, Ramón del Valle-Inclán, e mesmo chegou a interpretar personaxes dalgunhas das súas obras literarias. s. souto

22 oct 2022 / 14:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.