Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Imparten a alumnos de Boiro charlas sobre o funcionamento da rede de saneamento

O Concello de Boiro, a través do departamento de Medio Ambiente, imparte charlas sobre educación ambiental nos centros de ensino do municipio. As xornadas celébranse en varios centros de ensino, para alumnado de cursos comprendidos entre cuarto e sexto, sobre a auga e a rede de saneamento.

Un técnico de Educación Ambiental do Concello impartiu a charla A auga e a rede de saneamento para explicar ao alumnado cales son as distintas fases do abastecemento de auga que compoñen o seu ciclo e explicar os problemas que se poden dar no mantemento das redes.

O alumnado ten a oportunidade de coñecer como funciona o servizo con exemplos específicos do concello e tamén de ver exemplos, co obxectivo de concienciar e influenciar nos cativos uns bos hábitos á hora de coidar as infraestruturas.

15 mar 2021 / 14:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.