Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Inaugurada cunha festa infantil a renovación do parque da Lombiña

A POBRA. Numerosos cativos asistiron, acompañados dos seus pais e nais, á inauguración do renovado parque infantil da Lombiña, na Pobra, tras o proceso de rehabilitación ao que foi sometido nos últimos meses. O Concello organizou con tal motivo unha festa con actividades infantís, pintacaras e chocolatada. A actuación, cofinanciada pola Deputación Provincial da Coruña e polo Concello, consistiu na execución dun novo pavimento, a colocación de caucho e a dotación de novo mobiliario e xogos para as crianzas (varios balancíns e randeeiras, un tobogán e un equipo combinado). Ademais, colocouse un peche perimetral de madeira. As obras foron executadas pola empresa Ouri Entretenimientos S.L. e tiveron un orzamento de 46.878 euros (32.000 euros procedentes da administración provincial e 14.878 euros da local). suso souto

31 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.