Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Incluirase un carril-bici na mellora do vial de Boiro a Cabo de Cruz

A actuación abarca un treito de 4 quilómetros e terá un investimento de 450.000 euros

Boiro. A Deputación da Coruña levará a cabo a mellora da seguridade viaria na estrada DP-1107 que vai de Boiro a Cabo de Cruz. A actuación incluirá o pavimentado dos 4 quilómetros comprendidos entre a avenida da Constitución e o núcleo de Cabo de Cruz e a execución dun carril-bici por unha das marxes.

O proxecto, que será financiado a través do Plan de Conservación de Estradas, suporá un investimento aproximado de 450.000 euros.

“Os carrís bici e sendas ciclables están habitualmente nas cidades e na súa contorna máis próxima. Na Deputación queremos estendelo tamén a outros municipios, onde funcionarán como un elemento de vertebración do territorio e de dinamización turística”, dixo o presidente da administración provincial, Valentín González Formoso, que apuntou que esta aposta pola mobilidade sostible “supón un importante investimento de máis de 9 millóns de euros, o que nos está permitindo crear 130 novos quilómetros de vías ciclistas en 19 concellos da provincia”.

Os traballos na DP-1107 contemplan a limpeza de beiravías e fresado dos treitos que non é posible elevar máis a rasante da estrada actual, así como a eliminación dos saíntes das beirarrúas para acondicionar o espazo e mellorar a accesibilidade.

As obras van incluír a demolición dos pasos peonís sobreelevados para executar redutores de velocidade a base tamén de mestura bituminosa. O proxecto incluirá o repintado das marcas viarias e nova sinalización vertical. s. s.

13 mar 2021 / 14:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.