Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 05 febrero 2023
01:00
h

Inicia un novo curso o Club de Lectura María Mariño o día 15

Noia. O Club de Lectura María Mariño volve en Noia neste mes de novembro despois das sesións especiais dos últimos anos adaptadas á pandemia e ás restricións sanitarias. As reunións realizaranse un martes de cada mes ás 20.15 horas na Sociedade Liceo. O grupo reúne persoas adultas maiores de 18 anos, podendo participar menores con consentimento familiar.

As inscricións realizaranse a través do enderezo clubmariamarinho@gmail.com ou acudindo á xuntanza de inicio do vindeiro día 15. Durante a mesma entregarase o calendario definitivo e a listaxe de lecturas deste curso, entre as que se atopan Las maravillas, de Elena Medel; Panza de burro, de Andrea Abreu; e As malas mulleres, de Marilar Aleixandre.

O Club de Lectura María Mariño naceu en xaneiro de 2009 vinculado ao instituto Virxe do Mar. “Tralos pasos das xuntanzas literarias do alumnado do grupo O conto de nunca acabar, quíxose integrar a outros membros da comunidade educativa, en especial ás familias”, explican dende o citado club.

Entre as actividades realizadas destacan as presentacións literarias con convidadas da talla de Ana Cabaleiro, Montse Fajardo, Susana Arins, Ismael Ramos, Antón Riveiro Coello, Xesús Fraga ou Xurxo Ayán; os encontros de tradutoras/es; e os coloquios como o de mulleres creadoras coas Illa Bufarda. Tamén se promoven de xeito complementario viaxes, saídas e visitas culturais. m. c.

11 nov 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.