Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Instalan dez bancadas de formigón con respaldo de madeira en Barraña

A actuación encádrase no proxecto de mellora de beirarrúas, redes de servizos e iluminación

Boiro. O Concello de Boiro está executando obras de mellora nas beirarrúas do paseo marítimo de Barraña, no treito da avenida de Compostela que transcorre a carón do estuario do río Coroño.

Este luns chegou o mobiliario urbano que se está a colocar xa na zona para finalizar a actuación. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, supervisaron a colocación das dez pezas realizadas en formigón branco que levan incorporadas bancadas con respaldo, de aceiro inoxidable e acabado en madeira. Con esta actuación véñense de adaptar as medidas para asegurar a accesibilidade universal nun espazo público, garantindo a autonomía das persoas e favorecendo a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, especialmente para as persoas con discapacidade.

O proxecto que se está a executar une a praia, o paseo do río Coroño e os servizos da contorna do estuario.

Actuouse nun treito de 270 metros na marxe sur da citada avenida que percorre o pinar do estuario. Tamén se procedeu á renovación do alumeado público. s. s.

15 mar 2021 / 18:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.