Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Instalan un horto urbano na Escola de Hostalería da capital do Barbanza

RIBEIRA. O alumnado do obradoiro de emprego O Pote II de Ribeira dispón dende esta semana dun pequeno horto urbano na Escola Municipal de Hostalería, sita no segundo andar do edificio do mercado de abastos, grazas á colaboración da Unidade de Atención a Drogodependencias (UAD) e á brigada de xardinería. Instalouse baixo o ventanal da fachada principal e inaugurouse cunha degustación de produtos cociñados polos alumnos á que asistiron o alcalde, Manuel Ruiz, e integrantes de ditos servizos. Os usuarios de carpintería da UAD foron os encargados da elaboración dos recipientes de madeira onde se plantaron diversas especies subministradas polos traballadores da área de xardinería (como menta, ourego ou herba boa) que serán empregadas como ingredientes polo alumnado de O Pote II para as súas receitas. S. S.

17 jun 2021 / 16:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.