Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Instalan un punto para a reparación de bicicletas na zona de Praia Xardín

BOIRO. O Concello de Boiro vén de instalar unha columna co equipamento básico necesario para, de xeito totalmente gratuíto, poder facer pequenas reparacións en bicicletas. Esta instalación está xa dispoñible no exterior do edificio das Colonias, na zona do paseo marítimo de Praia Xardín, a carón do carril para bicicletas. O uso deste medio de transporte, como ocio e práctica deportiva, está a incrementarse cada vez máis no municipio boirense e cada vez son máis as persoas que demandan infraestruturas e servizos. Con esta nova medida, o obxectivo da administración local é potenciar o uso tanto de bicicletas como de vehículos de mobilidade persoal, polo que tamén se está traballando na instalación de aparcabicis, que se colocaron xa en diversos puntos do municipio, e por aumentar os quilómetros de carril bici no termo municipal. Agora vense de instalar unha columna equipada con ferramentas para poñer as bicicletas a punto, xa que moitas persoas non dispoñen nas súas casas do equipamento e dos espazos adecuados para poder facelo. Nas vindeiras semanas vanse adquirir máis para poder instalalos en outros puntos do concello, aínda por determinar, segundo informaron fontes do executivo local boirense. S. Souto

14 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.