Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 28 septiembre 2022
15:19
h

Integración e mais boas prácticas na campo de voluntariado de Amicos

A Pobra. As directoras xerais de Xuventude e de Patrimonio Natural, Cristina Pichel e Belén do Campo, respectivamente, estiveron este mércores no piñeiral da praia da Corna coas persoas que participan no campo de voluntariado de Amicos. Esta actividade, enmarcada na Campaña de Verán da Xunta, desenvólvese principalmente na illa de Sálvora e na mesma participan catorce mozos de entre 18 e 30 anos.

O obxectivo deste campo de voluntariado é difundir entre os participantes valores de coidado da natureza e, particularmente, dun ecosistema protexido como é o do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Durante esta experiencia, que comezou o pasado día 4 de xullo e rematará este venres, lévanse a cabo actividades como a construción e instalación de niños para distintas especies, a limpeza das praias ou traballos de conservación en xeral. Ao tempo, desfrutan de momentos de lecer como os dedicados a xogos tradicionais ou caiac; e de excursións a Santiago ou aos castros da zona.

Cristina Pichel puxo en valor o traballo voluntario como chave para conservar unha contorna tan importante e sensible como a da illa. Este verán a Xunta ten programados 45 campos de voluntariado como o de Amicos. m. c.

13 jul 2022 / 19:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.