Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

José Luis Gigirey expón en Ribeira ‘Pinceladas’, con cincuenta fotografías

RIBEIRA. A casa consistorial de Ribeira exhibe dende este xoves 50 fotografías dentro da mostra Pinceladas, de José Luis Gigirey. O acto de apertura contou coas intervencións da concelleira de Cultura, María Sampedro, e do propio artista, quen se definiu como un apaixoado da fotografía que hai dez anos quedou prendado por esta arte nun camiño polo bosque. Así, a meirande parte das obras recollen bolboretas, cogomelos ou insectos, e foron tomadas nos últimos dous ou tres anos en distintos puntos, como Ames (de onde el é orixinario), Barbanza e mesmo Islandia e Noruega. A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 15 de decembro. José Luis Gigirey estivo acompañado de moitos compañeiros do hospital comarcal do Barbanza, onde traballa, e dos concelleiros do goberno ribeirense Elvira Pereira e Javier Sampedro. s. souto

27 oct 2022 / 17:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.