Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 07 agosto 2022
20:17
h

Lanzan ‘O noso Camiño’ para pór en valor e divulgar a ruta xacobea pola Ría da Estrela

Noia. A asociación Noia Histórica vén de presentar a campaña O noso Camiño, coa que trata de dar visibilidade e pór en valor a oficialización da ruta xacobea que discorre pola Ría da Estrela. A iniciativa xira en torno a tres eixes fundamentais. Por unha banda, deseñaron unha exposición sobre o Camiño en máis de corenta e cinco escaparates de tendas da vila con varios elementos identificativos, “especialmente a serie de imaxes do fotógrafo Pichero cun peregrino facendo o percorrido pola ría de Muros-Noia”. Ademais, vinte establecementos locen sinais identificativas do itinerario.

Por outra banda, segundo informaron dende o colectivo, instaláronse vinilos xigantes con fotografías ocultando escaparates baleiros e xanelas deterioradas do casco histórico cas imaxes dos diferentes arquivos fotográficos da Asociación de Amigos do Camiño Ría Muros-Noia.

Outra das inciativas organizadas por Noia Histórica no marco desta campaña, é unha camiñata popular dende os dous puntos de inicio do Camiño que percorre a Ría da Estrela, Porto do Son e Muros, ata Noia. A peregrinación levarase a cabo en setembro ou outubro. m. c.

13 jun 2022 / 19:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.