Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Levantan un quilómetro e medio do carril bici de Barraña para reparalo

Boiro. O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras de reparación do carril bici do paseo marítimo de Barraña.

A actuación, que conta cun orzamento de 20.109 euros, comprende a reparación de varios treitos deteriorados ao longo dos 1,5 quilómetros de lonxitude do carril. En total vanse arranxar 230 metros cadrados de pavimento de formigón, que na actualidade presenta deficiencias debido ao paso do tempo, para o que se vai realizar unha demolición previa e a execución dunha nova soleira antideslizante e marcas viarias.

Por outra banda tamén se executarán con 164.074 € a pavimentación da rúa Nova, dunha rúa lateral na avenida de Barraña e do rueiro da Praza do Lorcho en Cabo de Cruz; as beirarrúas de Coído a Changuiña; e melloras nos accesos ós colexios de Escarabote e Abanqueiro e dun vial de río Breiro a A Boliña. s. s.

02 nov 2021 / 14:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.