Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 01 julio 2022
08:23
h

Licitan a obra das beirarrúas entre Cespón e Quinteiro

Boiro. O Plan Único da Deputación da Coruña destina 630.000 € a financiar tres obras de mellora da seguridade viaria, equipamentos e servizos no concello de Boiro.

Unha destas actuacións será a execución de beirarrúas e servizos de Cespón a Quinteiro (beira este), na estrada DP-1106, dende o punto quilométrico 4,700 ó 6,200. Os traballos consistirán na creación dunha beirarrúa de 1,5 metros de ancho e a instalación de rede separativa de pluviais e fecais, de abastecemento e nova iluminación pública.

O segundo proxecto que está en licitación é o de mellora da eficiencia enerxética no CEIP Santa María do Castro. O obxectivo é realizar unha fachada térmica para eliminar pontes térmicos, humidades por condensación e colonizacións por fungos, obtendo unhas axeitadas condicións de confort interior e salubridade cun mínimo consumo enerxético.

Por último, financiarase a mellora de pavimentos e servizos nos lugares de Carragueiros, Currillo, A Mina e Loimar. En total, mellorarase o firme en 2.432 metros de vía e, no caso do lugar de Currillo, aproveitarase para executar unha rede separativa de pluviais que garanta que as augas de choiva non deterioren a estrada. s. souto

19 abr 2022 / 15:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.