Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Licitan a obra das redes de fecais e auga en Sampedro

Ribeira. O Concello de Ribeira sacou a licitación as obras de dotación dos servizos de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Sampedro, na parroquia de Palmeira. Proxéctase unha canalización de augas residuais de 315 metros de longo e 315 milímetros de diámetro, xunto con 16 pozos de rexistro, pola que se conducirán por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo que as impulsará a través doutra rede de polietileno de 245 metros de longo e 90 milímetros de diámetro ata a conexión á rede xeral.

En canto ao abastecemento de auga, instalarase unha tubaxe de 435 metros.

O orzamento de licitación ascende a 130.919,88, IVE incluído, e o prazo de execución é de seis meses. A actuación está enmarcada no POS+2021 da Deputación da Coruña e o prazo de presentación de ofertas conclúe o seis de abril á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta.

Asimesmo, o Concello licitou as obras para ampliar a liña de abastecemento da avenida da Paz, na saída da autovía do Barbanza, que contarán cun orzamento de 54.598 €. Instalarase unha tubaxe de 509 metros de polietileno de alta densidade e de 110 milímetros de diámetro. s. s.

03 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.