Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Limpeza en treitos interurbanos de seis ríos ao seu paso por Outes

Outes. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou a execución das actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de seis ríos ao seu paso polo concello de

Outes. Os traballos, iniciados o pasado mes de febreiro, desenvolvéronse nos ríos Entíns, Outes, Rial, Bendimón, Donas e un río innominado, no seu percorrido por distintos lugares do municipio. Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude total de 9 km.

Estes labores forman parte das intervencións de mantemento que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación. Os traballos centráronse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle.

A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos. ecg

06 jun 2022 / 20:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.