Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lito García presenta na casa da cultura de Noia ‘Pasou o que pasou’

Noia. A concellería de Cultura de Noia informou de que o día 22, ás 20.30 h., a casa da cultura Antón Avilés de Taramancos acollerá a presentación do libro Pasou o que pasou (Doce estampas dos oitenta), de Lito García. No acto intervirán, ademais do autor da obra, o historiador Xerardo Agrafoxo e o edil de Cultura, José Pérez. Lito García (Reboredo-Esteiro, 1957) é perito industrial. Licenciado en Xeografía e Historia e Ciencias Políticas e da Administración pola USC, desempeña a súa actividade profesional como operador de posprodución na TVG. Do libro di o autor: “Estas estampas son regatos dun río moito máis caudaloso. Un traballo moi extenso –de divulgación máis que un ensaio puro e duro–, unha crónica política arredor dos anos oitenta”. Entrada libre ata completar aforo (máximo 40 persoas), e é obrigatorio o uso da máscara. m. t.

17 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.