Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame abre a reserva de prazas no PAI municipal

Lousame. O Concello de Lousame abrirá este martes 15, e ata o 15 de abril, o período para a reserva de prazas no Punto de Atención á Infancia (PAI), centro para menores de 0 a 3 anos. As persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais, onde se lles facilitará a información e a documentación precisa, ou descargar a solicitude da páxina web municipal.

Deberán presentar copias cotexadas do libro de familia e do DNI de ambos proxenitores ou titor/a legal; certificado de convivencia e declaración do Imposto da Renda do último exercicio (ou certificado da Axencia Tributaria no caso de non tela presentado ó non estar obrigados). s. s.

14 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.