Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame acelera o plan de recollida de aparellos eléctricos e de mobiliario

LOUSAME. A concellería de Medio Ambiente de Lousame impulsa o funcionamento do servizo de recollida de aparellos eléctricos e electrónicos e de mobiliario baixo demanda a través dunha campaña informativa nas redes e sociais e ao longo do municipio con material gráfico. Co obxectivo de evitar a formación de vertedoiros incontrolados e fomentar a reciclaxe, cada 15 días os equipos técnicos proceden á recollida baixo demanda de mobles, colchóns, xoguetes non eléctricos e outros elementos de gran volume. Para facer uso deste servizo é imprescindible realizar unha solicitude previa a través do teléfono 981 191 240. O persoal deste servizo fixará a data na que as persoas usuarias poderán depositar o obxecto na área de aportación máis próxima (ben pode ser ao lado dos colectores ou na planta de Servia). A recollida efectuarase dúas veces ao mes. No caso dos aparellos eléctricos e electrónicos (como ben poden ser neveiras, lavadoras, secadoras, televisións, teléfonos, etc.) e de pequenos residuos de obras domésticas, estes serán recollidos no propio domicilio. O servizo executa a recollida o segundo luns de cada mes e tamén é imprescindible facer unha solicitude previa a través do número de teléfono 981 820 494. suso souto

10 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.