Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame activa un plan de fomento do emprego dedicado a 30 mulleres

Inclúe módulos sobre as novas tecnoloxías e talleres de e-commerce e de márquetin dixital

Lousame. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; a directora da empresa Senescit, Paloma Seijo; e Mónica Castaño, técnica da concellería de Igualdade, presentaron o programa de promoción da empregabilidade feminina Xeración 20=22, que se desenvolverá no municipio no último semestre deste ano. É gratuíto e vai dirixido a mulleres da localidade de 18 a 65 anos.

“É un proxecto moi ben feito e agora temos que animar ás veciñas de Lousame para que non desaproveiten esta oportunidade única e se apunten. Será una formación eminentemente práctica: dende como preparar unha entrevista de traballo ou como acceder a ofertas de emprego ata seminarios de apoio a mulleres emprendedoras para que aprendan márquetin e comercio dixital”, sinalou a rexedora.

Xeración 20=22 foi un dos dez proxectos a nivel nacional que resultaron elixidos pola Federación Española de Municipios e Provincias e polo Ministerio de Igualdade para a súa financiación.

O citado programa inclúe un módulo de motivación e orientación para a busca de emprego, ferramentas na web 2.0 para a busca de emprego, accións de networking e creación dunha marca persoal (en 10 sesións de 3 horas cada unha); un obradoiro de introdución á informática e ás novas tecnoloxías (en 10 sesións, de 2 horas cada unha); e seminarios de apoio e formación de mulleres emprendedoras co obxectivo de mellorar a súa idea de negocio e adaptala á situación actual (en 15 sesións de 4 horas cada unha) nos que se desenvolverán obradoiros de e-commerce e márquetin dixital.

O prazo de inscrición xa está aberto ata o vindeiro día 31 de agosto e o Concello de Lousame agarda contar coa participación dunhas trinta mulleres neste proxecto. s. souto

23 jul 2022 / 13:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.