Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame activa un plan para a xuventude da vila

Lousame. O Concello de Lousame senta as bases para poñer en marcha o proxecto Xuventude activa no medio ambiente. Trátase dun programa que inclúe a celebración de obradoiros de reciclaxe e de análise da bolsa do lixo, así como actividades de limpeza, sensibilización e recuperación de espazos deteriorados en sendeiros do municipio.

Para o desenvolvemento desta iniciativa o goberno local solicitou a colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias.

Por outra banda, o Concello de Lousame tamén presentou a súa solicitude para recibir a subvención do programa Corpo Europeo de Solidariedade, mediante o cal se desenvolve o proxecto Actividades interxeracionais de voluntariado. A previsión é que no mes de abril poidan acoller a 2 persoas de nacionalidade turca como voluntarias.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, dixo que unha das prioridades do executivo “sempre foi dinamizar o concello a través de actividades dirixidas á mocidade”, e que as propostas de acción “estean ligadas ós recursos naturais de Lousame e ao potencial turístico, económico e cultural” da localidade. m. c.

26 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.