Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 21 junio 2021
13:05
h

Lousame avanza hacia a rede de alta velocidade na totalidade do concello

LOUSAME. O Concello de Lousame xestionou un acordo coas principais operadoras de telefonía móbil para estender os servizos da rede de última tecnoloxía na banda 800 MHz a todas as parroquias do municipio. Deste xeito, mellorarase a velocidade de conexión a internet, servizos de televisión baixo demanda, descargas de música, así como decenas de novos servizos para aproveitar o gran ancho de banda desta tecnoloxía, permitindo conseguir velocidades de ata 150 Mbps. A alcaldesa da vila, Teresa Villaverde, sinalou que “este acordo supón unha importante mellora no día a día da veciñanza, especialmente, nun momento no que as conexións a internet son esenciais. O teletraballo impúxose na realidade de numerosas empresas, polo que dotar de ferramentas dixitais á cidadanía é máis necesario ca nunca”, concluíu. m. T.

27 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.