Lousame celebra este sábado a gran Festa do Galego dirixida ós nenos
Lousame. Coincidindo co Día das Letras Galegas, o Concello de Lousame retomará as actividades culturais, que estaban paralizadas por mor da pandemia. A primeira iniciativa fixada, e que será o prato forte da programación, é a décimo novena edición da Festa do Galego, unha iniciativa dirixida ao público infantil. Terá lugar este sábado 15 de maio na praza do Concello, de 11.30 a 13.30 horas, onde se desenvolverán diversas actividades lúdicas para a cativada lousamiá.
Haberá obradoiros, música a cargo do pinchadiscos infantil Marífaltri e animación da man de Fantoches Baj con Os velocíclopes. Ademais, nesa mesma xornada tamén se difundirá a exposición Xela Arias, Aquela nena de Sarria.
As entradas para a Festa do Galego serán únicas para todo o evento e poden adquirirse a través da plataforma dixital BandoTicket. m.c.