Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame celebra o Entroido cun concurso en liña co que tratan de fomentar valores

Lousame. Os departamentos de Cultura, Igualdade e Deportes do Concello de Lousame uníronse para crear unha innovadora iniciativa para celebrar o Entroido no municipio neste ano no que a pandemia da COVID impide que teña lugar o tradicional certame de disfraces.

Entroido en Igualdade é o nome do proxecto deseñado polo equipo de goberno lousamiá co que festexarán estas datas e conmemorarán o Día Internacional da Muller. Trátase dun xogo no que os participantes deberán disfrazarse e buscar sete paneis con palabras chave sobre igualdade para facerse unha fotografía nestes espazos. Estes estarán dispostas en sete puntos de interese do concello de Lousame: Tállara, nos muíños de Carantoña; Lesende, no pozo do Capitán; San Xusto, na ponte de madeira de Toxosoutos, fronte ao albergue; Vilacova, na vagoneta das Minas de San Finx; Fruíme, no busto de Diego A. Cernadas de Castro, no adro da igrexa; Camboño, na capela da Gorgosa, e Lousame, nos muíños de Brandia.

As fotografías deben enviarse ao enderezo igualdadelousame@gmail.com, e nesta mensaxe haberá que detallar o nome e apelidos do participante ou participantes e un teléfono de contacto. O prazo para participar comeza o vindeiro día 13 e remata o 7 de marzo.

Destacar que en función do número de instantáneas que envíen os participantes poderán optar a vales cuxo importe oscila entre os 200 e 50 euros. En total repartiranse un total de 19 vales para canxear en tendas de materais deportivos. m. c.

12 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.