Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame dedícalle a Maruja Mallo a primeira parte da exposición ‘Elas’

Lousame. Con Motivo do Día Internacional da Muller, o Concello de Lousame elaborou unha exposición para a súa difusión nas redes sociais. Consta de catro dossieres que se irán publicando semanalmente. Titúlase Elas: sen elas a Historia non está completa.

O primeiro dossier está dedicado á figura da pintora Maruja Mallo, e nel aparecen diferentes hipervínculos que levan a coñecer máis en profundidade a súa figura: biografía, obra, xeración, contexto histórico, documental e entrevista. A iniciativa presenta a Maruja Mallo (nada en Viveiro en 1902 e falecida en Madrid en 1955) como “unha das mellores e máis plaxiadas pintoras españolas de todos os tempos”. Inclúe o documental Las sin sombrero, unha peza audiovisual na que se tratan as vidas das artistas pertencentes á xeración do 27, contextualizándoas na época na que viviron.

Asimesmo, ofrécese un videoconto para nenos titulado La increíble historia de Maruja Mallo. Tamén se invita a coñecer algunhas das súas pinturas, que se exhiben no Museo Nacional de Arte Reina Sofía. Asimesmo, ponse a disposición do público unha entrevista á pintora.

Marula Mallo ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, onde creou o seu círculo de amizades con figuras como Dalí, Lorca, Concha Méndez ou Buñuel.

O segundo dos dossieres estará dedicado a Isabel Zendal; o terceiro, a Meigas, María Soliña, Ana de Castro, Lucía Fidalgo e María Rodríguez. O cuarto está aínda por definir, pero darase a coñecer nos vindeiros días. s. s.

06 mar 2021 / 19:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.