Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame dota de máis prazas ao Concilia nas vacacións

Lousame. O Concello de Lousame abrirá este xoves día 9 o

prazo de inscrición no Lousame Concilia, programa de conciliación familiar que se convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do ano: Nadal, Entroido e Semana Santa. O Concello ofrece 20 prazas en cada convocatoria, mentres que as familias poderán optar por anotarse nun, en dous ou nos tres períodos ofertados.

As inscricións deberán formalizarse no Rexistro Xeral do consistorio antes do día 13.

Trátase dun servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 12 anos que ten lugar durante os días laborables dos períodos de vacacións escolares, de 09.30 a 14.30 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro.

No tocante ás vinte novas prazas, covócanse para doce días da época de Nadal (22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro), tres para o Entroido (do 28 de febreiro ao 2 de marzo) e catro para a Semana Santa (11, 12, 13 e 18 de abril).

Os ingresos mensuais da unidade familiar non deberán superar os 3.495,96 euros ao mes (4.020,35 euros ao mes no caso de familia monoparental ou numerosa).

Tamén existe a posibilidade de levar aos pequenos ao Lousame Concilia en datas concretas, sempre que queden prazas vacantes.

Os interesados en obter máis información poden dirixirse á concellería de Igualdade ou chamar ao número de teléfono 981 820 494. s. s.

04 dic 2021 / 14:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.