Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 21 junio 2021
15:18
h

Lousame fai fronte á ola de vertedoiros e pon en marcha novos servizos

Lanzou unha campaña sobre a recollida de obxectos de gran volume e electrónicos

Lousame. A concellaría de Medio Ambiente do Concello

de Lousame impulsa o funcionamento do servizo de recollida de aparellos eléctricos e electrónicos e de mobiliario baixo demanda a través dunha campaña informativa nas redes sociais e ó longo do municipio con material gráfico.

Co obxectivo de evitar a formación de vertedoiros incontrolados e fomentar a reciclaxe, cada 15 días os equipos técnicos proceden á recollida baixo demanda de mobles, colchóns, xoguetes non eléctricos e outros elementos de

gran volume. Para facer uso deste servizo é imprescindible realizar unha solicitude previa a través do teléfono 981 191 240. O persoal deste servizo fixará a data na que as persoas usuarias poderán depositar o obxecto na área de aportación máis próxima, ben pode ser ao lado dos colectores ou na planta de Servia. A recollida efectuarase dúas veces ao mes.

No caso dos aparellos eléctricos e electrónicos, como ben poden ser neveiras, lavadoras, secadoras, televisións ou teléfonos, e de pequenos residuos de obras domésticas, estes serán recollidos no propio domicilio. O servizo executa a recollida o segundo luns de cada mes e tamén é imprescindible facer unha solicitude previa a través do teléfono 981 820 494.

O concelleiro de Medio Ambiente de Lousame, Ramón Martínez, sinalou que “é tarefa de toda a sociedade coidar o medio no que vivimos e, polo tanto, temos que ser conscientes da importancia de reciclar e de facer un correcto uso dos servizos”. m. c.

06 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.