Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame fixo pública a lista dos gañadores no certame de Entroido

Repartiu vales que poderán canxearse
en tendas de venda
de material deportivo

Lousame. O Concello de Lousame fixo pública a lista de gañadores do concurso de Entroido que este ano se celebrou de maneira virtual debido á situación sanitaria derivada da pandemia. Así, entre todos os participantes que enviaron sete imaxes, os vencedores foron Carlos Balbuena González, Lorena Blanco García e Marta Rodríguez Tarela (tres vales por importe de 200 euros).

Os galardóns entre os que mandaron cinco fotografías recaeron en Lucía del Puerto, María Recarey González e Ramiro Rey Agrelo (tres vales de 150 euros). E entre os que adxuntaron tres instantáneas gañaron Víctor Manuel Vilela Puga, María Ana Ourille Castro e Verónica Pérez Somoza (tres vales de 100 euros). Poderán canxear os premios en establecementos de venda de material deportivo.

Cómpre lembrar que Entroido en Igualdade é o nome do proxecto deseñado polo equipo de goberno lousamián, co que festexaron o Entroido e co que conmemoraron o Día Internacional da Muller. Un xogo no que os participantes tiñan que disfrazarse e buscar sete paneis con palabras chave sobre igualdade, dispostas en diferentes puntos de interese do municipio, para facerse unha fotografía nestes espazos.

A proposta, coa que se pretendía sensibilizar sobre a igualdade entre homes e mulleres, dirixíase ás familias e tiña carácter lúdico, posto que conxugaba o tempo de lecer desta festa coa actividade física e co coñecemento do patrimonio natural e cultural do citado municipio. m. c.

10 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.