Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 03 agosto 2021
11:41
h

Lousame inviste na mellora dos accesos e seguridade na estrada Portobravo-Tállara

Xa están construídas as novas beirarrúas e nos próximos días procederase ao aglomerado do camiño

Lousame. O Concello de Lousame está a investir preto de 50.000 euros na mellora dos accesos á localidade de Pousada, na parroquia de Tállara, dende a estrada Portobravo-Tállara. Unha actuación incluída no POS+2020 e da que xa están feitas as novas beirarrúas en formigón, que dan continuidade ás existentes na beira da mencionada estrada, dende a marquesiña do autobús ata o lavadoiro emprazado na entrada principal desta aldea.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explicou que “a día de hoxe xa están rematadas as beirarrúas a ambos lados da calzada, con oito arquetas con sumidoiro para a recollida de augas pluviais, polo que só resta acometer o aglomerado en quente dese acceso”.

Asemade, a empresa adxudicataria, Construccións Fermín Simal SL, xa reparou as fochancas existentes no camiño, que ancheou 1 metro a cada lado, e dotou á zona de recollida de augas pluviais, instalando unha tubería de PVC de 400 mm de diámetro en ambas marxes da vía. Sobre elas, executou unhas beirarrúas de 280 metros de lonxitude (140 metros en cada sentido). Nos próximos días a actuación quedará rematada coa mellora da capa de rodaxe con seis centímetros de aglomerado en quente.

Estas obras complementan a mellora dos accesos a esta mesma localidade dende a estrada DP-1104 Ponte Beluso-San Francisco, nos que o Concello de Lousame investira 13.774 euros do POS+ 2017. Uns traballos semellantes ós que se están a rematar este ano e que permitiron anchear o acceso en 125 m2 e instalar 50 metros de beirarrúas sobre unha tubería de recollida de augas pluviais. Así mesmo, a finais de 2018 o Concello tamén actuou, desta vez con fondos propios, no ancheamento do interior desta aldea. m. t.

21 jul 2021 / 19:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.