Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame inviste nas obras de mantemento do interior e do vestiario do polideportivo da Silva

Inclúe traballos de reparación e tamén mantemento por valor de máis de 40.000 €

Lousame. O Concello de Lousame está a investir 41.168 euros, gracias a unha axuda da Secretaría Xeral para o Deporte, en traballos de reparación, mantemento e mellora do interior e dos vestiarios do pavillón municipal da Silva. “O obxectivo destas obras é mellorar o estado actual do edificio do pavillón municipal, incluído o volume de vestiarios, que presenta oxidación dalgúns elementos e desgaste da pintura”, explicou a alcaldesa lousamiá, Teresa Villaverde, quen apuntou que “a maiores aproveitaremos para colocar butacas nas gradas e instalar un cortaventos na entrada, para manter unha mellor temperatura no interior da instalación”.

As obras comezaron nestes días coa desmontaxe dos elementos de sinalización (carteis, letreiros...), a limpeza manual da fachada e do chan e a retirada de elementos oxidados, sobre todo nos vestiarios (nas columnas das duchas, nas barras de suxeición do baño adaptado e, en xeral, dos elementos metálicos dos vestiarios).

Nos próximos días procederase a revestir o interior da instalación cun taboleiro de fibras de madeira de pino, despois de que se aplicaran previamente dúas mans de esmalte de poliuretano e outras tantas de pintura plástica de cor branco. Así mesmo, procederase a cambiar a portas de acceso por unha nova porta metálica cortalumes de maior espesor e que garantirá un mellor illamento térmico e acústico da instalación. Unha actuación que se completará co cambio de varias portas interiores. Os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses, se ben se agarda que poidan estar rematadas nas próximas semanas.

Estas obras complementan ás realizadas polo Concello no ano 2019, cando investiu algo máis de 92.000 euros na mellora do illamento térmico e acústico do polideportivo municipal, que incluíron o cambio da cuberta por outra de paneis sándwich illantes, a colocación de novos canalóns e a aplicación dun tratamento anticorrosivo á estrutura metálica da instalación. m. c.

20 sep 2021 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.