Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame mellora a vida dos maiores co seu programa Activa-Mente

A inscrición é de balde e pode facerse en calquera momento nos Servizos Sociais

Lousame. A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Lousame convoca por 19 ano consecutivo o programa Activa-Mente, unha actividade gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos a través de actividades enfocadas a manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe.

Os obradoiros abriron as súas portas esta mesma semana e as clases impartiranse todos os martes nos locais sociais do Sanguiñal (10.00 horas), Aldeagrande (11.30 horas), Vilacoba/Lesende (16.00 horas) e Escabia (17.45 horas); así como os mércores en Cruído (10.00 horas). O programa Activa-Mente está aberto a todos os veciños e veciñas de Lousame maiores de 60 anos. A inscrición é totalmente de balde e pode facerse en calquera momento do ano nos Servizos Sociais de Lousame, chamando ao 981 820 494 ou por WhatsApp no 689 126 385.

As clases, dunha hora de duración, inclúen actividades para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, as funcións executivas, o cálculo ou a linguaxe. Unhas áreas que se traballan mediante dinámicas e exercicios adaptados tanto ao nivel do grupo como ao de cada persoa participante, e que este ano tamén estarán condicionados polos protocolos sanitariosfronte a COVID.

Lembrar que o programa Activa-Mente está organizado polo Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. m. t.

11 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.