Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 07 agosto 2022
19:16
h

Lousame non rexeitará a actividade mineira en San Finx se cumpre a lei

A Corporación defende a calidade dos bivalvos da ría de Noia e aboga por recuperar o río

Lousame. A Corporación municipal de Lousame defende a extraordinaria calidade dos bivalvos da ría de Muros-Noia como os mellores de Galicia, pero rexeita opoñerse ao reinicio da actividade mineira en San Finx sempre que o proxecto cumpra coa legalidade co máximo rigor. Un posicionamento mantido na sesión plenaria deste venres polo PP e polo PSOE que, cos seus votos en contra e abstención, respectivamente, fixeron decaer a moción presentada pola confraría de Noia, que só apoiou o grupo mixto.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, dixo que “non podemos falar dunha catástrofe que non existe porque a auga sae mellor do que saía antes”. A rexedora fixo fincapé na necesidade de recuperar o río San Finx, cuxo proxecto chegou esta mesma semana ao Concello. “Non temos ningún interese en ir contra ningún sector económico”, sinalou Teresa Villaverde.

Asimesmo, instou ós mariscadores a “reflexionar sobre o que están a dicir, porque nós non imos verter sospeitas sobre a calidade das augas nin dos nosos bivalvos que, repito, para nós son os mellores de Galicia. O contrario sería tirar xa non pedras, senón rochas grandes contra o noso propio tellado”. s. s.

27 nov 2021 / 17:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.