Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame oferta a ludoteca de verán para o desfrute dos máis cativos

Lousame. O Concello lousamiá abriu este luns o prazo de inscrición no programa Lousame Concilia. Ludoteca de Verán 2021, unha iniciativa para a conciliación da vida familiar e laboral que terá lugar durante os meses de xullo e agosto.

Este servizo está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade, que desfrutarán de divertidas actividades nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9.30 a 14.30 horas. As inscricións deben realizarse no rexistro municipal e o número de prazas vaise adaptar aos límites establecidos na normativa vixente fronte á COVID.

Os prezos non varían con respecto a anos anteriores. No caso das familias que opten pola inscrición para todo o verán, o prezo será de 15 euros/mes. Para anotarse só terán que descargar e cumprimentar a solicitude correspondente, que poden recoller nos Servizos Sociais de Lousame ou descargar na web municipal (www.concellodelousame.gal). O prazo remata hoxe, día 10.

No caso das familias interesadas en que o seu fillo ou filla participe en días soltos, só terán que chamar ao teléfono 616 345 812, sempre e cando haxa prazas libres. Neste caso, o prezo é de 2,5 euros por xornada. Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou nos teléfonos 981 820 494 e 689 126 385.

CAMPAMENTO Pola súa parte, os rapaces de Noia de entre 4 e 12 anos poderán acudir ao campamento urbano que se levará a cabo en tres quendas: do 5 ao 16 e do 19 ao 30 de xullo, e do 2 ao 13 de agosto, en horario de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres. Desenvolverase nas instalacións do pavillón Agustín Mourís e haberá opción de madrugadores. As inscricións deberán presentarse no rexistro de Noia. O prazo para anotarse remata o día 25. m.t.

10 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.