Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame pon en marcha un ano máis o Activa-Mente para os maiores

Unha actividade gratuíta que dará comezo en outubro cunha sesión semanal

Lousame. A concellería de Servizos Sociais do Concello de Lousame convoca o Programa Activa-Mente, unha actividade gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos a través de actividades dirixidas a manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. Unha iniciativa que este ano cumpre o vinte aniversario da súa posta en marcha.

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, explicou que o obxectivo deste programa é “mellorar a calidade de vida dos nosos maiores exercitando a súa memoria para así previr ou retardar a aparición do deterioro cognitivo, ao tempo que se promove a xuntanza destas persoas para recordar o que xa saben e seguir aprendendo cousas novas”. Unha iniciativa organizada polo Concello, que conta coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Os obradoiros abrirán as súas portas en outubro e as clases impartiranse todos os martes nos locais sociais do Sanguiñal (10.00 horas), Aldeagrande (11.30 horas), Vilacoba (16.00) e Escabia (17.30); así como os mércores en Cruído (10.00) e Camboño (11.30 horas). As sesións terán lugar ao longo dunha hora e para formar grupo será necesario un mínimo de cinco persoas participantes.

O Programa Activa-Mente está aberto a todos os veciños e veciñas de Lousame maiores de 60 anos. A inscrición é totalmente de balde e pode facerse en calquera momento do ano nos Servizos Sociais de Lousame, chamando ao 981 820 494 ou por WhatsApp no 689 126 385.

“Animamos ás persoas maiores de Lousame a que veñan participar nesta actividade pois notarán que mellora moito a súa calidade de vida”, apuntou a edil. m. c.

Datos
Clases variadas

··· As sesións inclúen actividades para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria ou a linguaxe.

··· Unhas áreas que se traballan mediante exercicios adaptados.

22 sep 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.