Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame pon en marcha unha campaña online contra a vespa velutina

Difundirá técnicas para construír as trampas e organizará unha sesión de sensibilización

Lousame. Frear a expansión da vespa velutina é unha tarefa prioritaria, xa que este insecto invasor incrementou a súa presenza en Galicia nos últimos anos. Coñecedores diso, o Concello de Lousame vén de pór en marcha unha campaña a través da cal busca a difusión e a sensibilización sobre a importancia de construír trampas para capturar ás raíñas desta especie. Desta maneira, a través de carteis e información nas redes sociais municipais, a campaña divulgará como elaborar trampas caseiras, así como o material necesario.

“Estas colocaranse a 1 metro e medio do chan cerca de camelias, gardenias e outras plantas con flores, tamén en colmeas de abellas e en zonas onde o ano pasado fixeran niños as velutinas”, indicaron dende o goberno local.

Asemade, o xoves 25 de marzo impartirase unha sesión formativa no CEIP Cernadas de Castro para explicar aos nenos e nenas de Lousame cal é o ciclo biolóxico desta vespa, como se deseña unha trampa caseira, así como a evolución da invasión da velutina en territorio galego, e as súas características distintivas con respecto á especie autóctona.

Segundo sinalaron as mesmas fontes, “a campaña comeza nun mes clave, posto que entre marzo e maio é preciso capturar ás raíñas para evitar que cando as vespas saían do seu letargo comecen a construír niños, nos que pode haber ata 2.000 vespas obreiras e ata 15.000 larvas”. Por iso este é o período no que as trampas son efectivas á hora de controlar a praga. m. c.

18 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.