Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 02 diciembre 2021
23:44
h

Lousame pon en marcha unha rede de apoio ás persoas maiores do municipio

Buscan voluntarios que dispoñan dunha hora semanal para impulsar a iniciativa

Lousame. Un total de 157 persoas da terceira idade viven soas no concello de Lousame, segundo os datos recollidos dende o departamento de Servizos Sociais durante o último exercicio. Ante esta cifra, o executivo local pon en marcha un novo programa de acompañamento. Así, a citada área, xunto coa de Voluntariado, coordinarán esta iniciativa, que consiste en programar unha visita semanal dunha hora de duración dun voluntario ao domicilio da persoa maior.

O obxectivo é que se estableza un vínculo de confianza entre ambos e, sobre todo, evitar situacións de illamento social. Durante ese período de tempo, o voluntario, que previamente recibirá indicacións por parte dun técnico, deberá facilitar e potenciar a autoestima, mostrar empatía e dar ferramentas e recursos para paliar a soidade.

Na actualidade, búscanse persoas que teñan unha hora libre á semana para exercer este voluntariado, para o que non é necesario dispoñer de vehículo. Os interesados en participar no programa de acompañamento poden inscribirse chamando ao teléfono 981 820 494.

Segundo apuntaron fontes municipais, no caso de que as restricións pola situación sanitaria non permitan asistir ós domicilios, o servizo prestarase a través do teléfono, de xeito que se faga un seguimento dos maiores que viven sós. Durante os meses do confinamento ao longo de 2020 púxose en marcha esta rede de apoio, na que se acudiu ao fogar de 10 persoas e se fixo seguimento doutras 150. m. c.

15 mar 2021 / 16:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.