Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Será o oitavo de Galicia e ubicarase en Fontán, a escasos metros da nova comisaría // O acondicionamento do local cedido polo Concello custará cento cincuenta e seis mil euros // Funcionará antes de que remate o presente ano TEXTO S. Souto

Luz verde á licitación do Punto de Encontro Familiar de Ribeira

A Xunta de Galicia licitará nos próximos días as obras para a construción do Punto de Encontro Familiar (PEF) de Ribeira por 156.000 euros e destinará máis de 150.000 euros anuais para o seu mantemento. A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada polo alcalde ribeirense, Manuel Ruiz, visitou este venres o lugar no que se vai emprazar este centro, que permitirá que as nais e pais separados ou en trámites de separación da comarca do Barbanza realicen as visitas que lles corresponde dun xeito seguro.

A conselleira (que acudiu acompañada do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey) sinalou que Ribeira, como capital de comarca, ten a responsabilidade de ofrecer servizos esenciais para as súas 66.000 veciñas e veciños. Neste sentido, apuntou que este PEF permitirá que as familias que ata o de agora se tiñan que trasladar a Santiago para realizar estas visitas, conten con este servizo nas súas proximidades.

Ademais, converterá a dito concello no primeiro en ter un centro destas características fóra das sete cidades. Está previsto que as obras finalicen antes de que remate o ano.

Fabiola García lembrou que o Goberno galego continúa mellorando a rede autonómica de Puntos de Encontro Familiar. Neste sentido, asegurou que nos pasados meses se ampliou o horario de todos os PEF de cinco a sete días á semana, para poder cumprir coas medidas xudiciais e atender os protocolos de prevención fronte a COVID.

Por outra banda, a conselleira lembrou que a Administración autonómica segue incrementando os servizos para as pequenas e pequenos do Barbanza e para as súas familias. Como mostra disto, resaltou a gratuidade das escolas infantís de cero a tres anos para os segundos fillos e sucesivos, que xa é unha realidade no municipio de Ribeira.

En canto ás futuras instalacións, trátase dun local diáfano de 134 metros cadrados situado nun edificio da rúa Perú, no lugar de Fontán, moi preto da futura comisaría, actualmente en construción. Disporá de tres salas de intercambio, un espazo de administración, despacho, corredores, zona de accesos e dous aseos, un deles adaptado. As obras de acondicionamento do local terán un prazo de execución de 120 días. Foi adquirido polo Concello en 2019 e cedido a Política Social por 30 anos.

No tocante ós obxectivos perseguidos co devandito servizo, preténde favorecer o cumprimento do réxime de visitas como dereito fundamental das fillas e fillos para manter a relación con ambos os proxenitores despois da separación, establecendo os vínculos necesarios para o seu bo desenvolvemento psíquico, afectivo e emocional.

Tamén se pretende facilitar o encontro dos fillos e fillas coa persoa proxenitora que non ten a súa custodia e, no seu caso, coa súa familia; procurar a seguridade dos menores durante o cumprimento do réxime de visitas eprevir situacións de violencia; propiciar que os fillos expresen con liberdade e sen medo os seus sentimentos e necesidades fronte a ambos osproxenitores; ou informar e derivar ás persoas interesadas aos servizos especializados encargados da protección e da asistencia integral ás mulleres que sofren violencia de xénero.

“é un servizo esencial”
{ a letra pequena }
Era unha necesidade
Suso Souto

REINVINDICABA onte o alcalde de Ribeira o oitavo posto para esta localidade no selecto grupo das grandes cidades de Galicia. E non só por selo de feito por título real, senón por criterios de prestación de servizos ou poboación. Ribeira sumará co Punto de Encontro Familiar un importante servizo, moi demandado en toda a comarca do Barbanza, que contribuirá precisamente a consolidar o proxecto de cidade. Moitos pais e nais xa non terán que desprazarse ata Santiago nin terán que soportar lista de espera para poder encontrarse no punto desa localidade (o máis cercano) cos seus fillos no réxime de visitas. Ribeira será o primeiro concello, ademais das sete grandes cidades, en ofrecer unhas instalacións que eran unha gran necesidade.

13 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.