Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Luz verde do Goberno á mellora da EDAR de Noia

O Consello da Xunta autorizou a colaboración co Concello // As actuacións suporán un investimento de 3 millóns de euros

A Xunta de Galicia colaborará co Concello de Noia para executar as actuacións necesarias para a mellora da estación depuradora de augas residuais, cun investimento autonómico de 2.925.000 euros.

O Consello da Xunta autorizou este mércores a colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Noia para executar as obras de reforma e mellora da depuradora. As actuacións teñen como finalidade resolver as deficiencias de funcionamento e de capacidade desta instalación municipal e mellorar o saneamento da ría de Noia.

Segundo establece o convenio autorizado polo Consello da Xunta, Augas de Galicia asumirá integramente o financiamento desta actuación, que se enmarca no Plan de saneamento local de Noia impulsado pola entidade hidráulica da Xunta, e que redundará na mellora dos servizos e da calidade de vida dos veciños, no coidado do medio e no futuro da pesca, do marisqueo e do turismo.

Segundo recolle o acordo, Augas de Galicia levará a cabo a contratación e execución das obras, así como a súa dirección e xestión ata completar a súa finalización.

Pola súa banda, o Concello asume as obras realizadas, así como a obriga da súa posta en servizo, a súa explotación e o seu mantemento e conservación, empregando as instalacións executadas de acordo coa finalidade prevista.

Unha vez autorizada este mércores a colaboración, Augas de Galicia prevé licitar as obras antes de finais de ano, co obxectivo de comezar os traballos en 2023. A actuación conta cun prazo de 13 meses, dos que 10 se corresponden coa execución das obras e 3 para a posta en marcha das instalacións. A intervención está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014/2020.

deficiencias. Actualmente as instalacións municipais de tratamento de augas residuais de Noia presentan deficiencias en distintos equipos de funcionamento e de capacidade, provocando vertidos contaminantes á ría.

Ademais, o propio edificio que alberga a depuradora presenta deficiencias na estrutura, precisando da renovación da metade da cuberta e das baixantes, fundamentalmente polo ambiente corrosivo, así como da instalación dun bo sistema de ventilación para evitar que o proceso corrosivo se reproduza.

As actuacións proxectadas céntranse na reforma, transformación e modernización dos distintos elementos que compoñen a planta.

07 dic 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.