Maiores de Boiro exercen de guías para os visitantes
BOIRO. O Concello de Boiro promove un ano máis a iniciativa Paséate con nós, un programa de visitas guiadas no que un grupo de persoas xubiladas do municipio dan a coñecer aspectos do seu territorio, a súa cultura e o seu traballo. Para promocionar esta iniciativa, elaboráronse unha serie de vídeos. Os protagonistas desta orixinal proposta descobren aos visitantes diferentes atractivos de Boiro, como poden ser a actividade marisqueira, o cultivo do mexillón, a elaboración de nasas, o traballo nun asteleiro ou o funcionamento dun muíño de río. Para informarse de como facer unha destas rutas guiadas, as persoas interesadas poden contactar coa oficina municipal de Turismo. S. S.
23 abr 2021 / 17:20
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.