Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 20 mayo 2022
13:08
h

Máis de dúas mil visitas ao poboado de San Finx no pasado ano

Supón un incremento do 69 por cento sobre o exercicio anterior no que se rexistraran 1.193

Lousame. Un total de 2.019 persoas visitaron o poboado mineiro das minas de San Finx durante o ano 2021, realizando un percorrido guiado polas instalacións da man de

Mayte Sobradelo, licenciada en Historia e técnica municipal do Concello de Lousame. Unhas visitas nas que os presentes coñecen tanto a historia das minas como a súa evolución ao longo dos anos, así como o traballo realizado pola administración local para rehabilitar e poñer en valor este patrimonio.

Estas 2.109 visitas supoñen un incremento do 69 % sobre o ano 2020, exercicio no que se rexistraran 1.193 visitas. De todos modos, ambos os dous anos teñen as súas eivas á hora de poder facer comparacións. Isto é así porque os datos do 2020 inclúen dous longos períodos de inactividade: entre marzo e xullo e entre novembro e decembro. Unha situación que tamén se deu no inicio do ano pasado.

Pese a todo, a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, amósase moi satisfeita polas cifras acadadas pois “ademais de ser unha posta en valor do noso patrimonio e da nosa historia, supón tamén volver a desfrutar da cultura nunhas visitas totalmente seguras e baixo as máis estritas medidas sanitarias anticovid”.

As visitas guiadas para grupos de máis de 10 persoas poden concertase chamando ao Concello de Lousame (981 820 494) ou enviando un correo electrónico a museominasdesanfinx@gmail.com. As visitas adáptanse as dispoñibilidades de tempo do grupo e adoitan durar entre hora e hora e media. m. c.

20 ene 2022 / 20:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.