Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis inmobles súmanse á nova rede de fibra óptica de R en A Pobra

Quedaron conectados 86 fogares e negocios en Ponte e 184 en Cabío respectivamente

A Pobra do Caramiñal. Desta volta 270 novos inmobles dos núcleos de Ponte e Cabío, no municipio da Pobra do Caramiñal, xa poden dispor de accesos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas simétricos e gozar dos servizos máis avanzados de telecomunicacións do mercado. Todo iso, grazas á nova rede de fibra de R que o operador galego está a modernizar nas catro provincias de Galicia dende a pasada primavera.

R rematou recentemente outro treito das tarefas de despregadura da súa rede de fibra no municipio pobrense, aproveitando ao máximo as infraestruturas dos devanditos núcleos, onde quedaron conectados 86 fogares e negocios en Ponte, e 184 en Cabío respectivamente.

O operador galego xa acometera con anterioridade na Pobra despregaduras das súas redes nos núcleos de Lomba, A Ponte Barbanza, Atalaia, Agros ou Mirandela, onde daquela xa se conectaran ás redes avanzadas vivendas e empresas deste concello coruñés.

Cando rematen as despregaduras enmarcadas no vixente Plan Avanza no que R traballa arestora, arredor de 4.200 fogares e negocios teranse unido xa á súa moderna rede de fibra no concello da Pobra, pois aos conectados na contorna ao citado plan haberá que sumarlles os activados a raíz doutros desenvolvementos de rede que se veñen realizando no municipio dende hai anos.

Destacar que o desenvolvemento destas redes está subvencionado polos Fondos FEDER da Unión Europea. CG

20 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.