Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Este luns serán efectivas as bonificacións nas rutas de bus urbano en Ribeira

RIBEIRA. O Concello de Ribeira informou de que a partir deste luns serán efectivas as bonificacións no transporte urbano en autobús polo municipio adoptadas en virtude do convenio de colaboración establecido entre as administracións local e autonómica para a subvención deste servizo. Para que un usuario xeral poida disfrutar desta bonificación (pola cal o prezo dun billete pasa de 1,50 euros a 85 céntimos) basta mercar unha Tarxeta Metropolitana de Galicia (TMG) nalgunha das oficinas de Abanca situadas na cidade. Esta tarxeta ten un custe de dous euros e cada recarga deberá ter un mínimo de cinco euros. O convenio contempla ademais tres clases de bonificacións sociais: para estudantes (en que os billetes lles valen 60 céntimos), pensionistas (70 céntimos) e persoas en situación de emerxencia social (de balde). Nestes supostos, os usuarios deberán acreditar que cumpren cos requisitos esixidos en cada caso, habendo uns requisitos xerais para todo eles (ter a tarxeta TMG e estar empadroado en Ribeira) e uns específicos.

Polo que se refire aos estudantes, deben ser menores de 28 anos e presentar un certificado de estar matriculado nun centro de ensino oficial público ou privado, dentro ou fóra do termo municipal. Deberán facelo na Oficina de Atención Cidadá na Casa Consistorial.

En canto aos pensionistas, deberán cumprir polo menos un destes requisitos: ser pensionista a partir de 65 anos, ter unha diversidade física ou psíquica igual ou superior ao 33 % ou ser usuario de asociacións dedicadas a persoas con diversidade intelectual ou física, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública emprazada no concello de Ribeira.

No caso das persoas en emerxencia social, requírese informe social previo.

Tanto os pensionistas como os xubilados deberán tramitar as súas bonificacións no departamento de Servizos Sociais.

Cómpre aclarar que os que acreditan un dereito a unha bonificación social tamén va seguir pagando no autobús 85 céntimos, pero que a súa bonificación adicional de 25, 15 ou 85 céntimos por viaxe se lle abonará cando recarguen a súa tarxeta no caixeiro ao final do mes seguinte a aquel no que fixeron o pagamento. s. souto

13 mar 2021 / 14:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.