Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mar vai dotar ó porto ribeirense de novas defensas e escaleiras

Colocaranse no entorno da antiga lonxa e da fábrica de xeo // A mesma actuación farase en Muxía e Camariñas e o custo é de 566.525 €

A Consellería de Mar, a través do ente público Portos de Galicia, procederá a adxudicar nas vindeiras semanas os traballos para a renovación das defensas e escaleiras no porto de Ribeira. A actuación ten un orzamento de licitación de 566.525 € e inclúe tamén tarefas similares nos portos de Muxía e Camariñas.

Dacordo co disposto no proxecto aprobado e co obxectivo de mellorar de forma adecuada e continua as infraestruturas portuarias, xorde a necesidade, nos peiraos pesqueiros das citadas localidades, de substituír as actuais defensas deterioradas do tipo vertical. No caso de Ribeira, debido aos cambios producidos coa creación da nova lonxa e, por tanto, o traslado de zonas de atraque, observouse que a zona do peirao de atraque da antiga lonxa, así como o da fábrica de xeo, carecen de defensas nunhas condicións adecuadas para as embarcacións, así como das correspondentes escaleiras.

En consecuencia, o departamento autonómico considera necesario implantar novas defensas e escaleiras dacordo ao actual ordenamento dos portos, facilitándose con iso uns medios de protección máis adecuados ao uso que teñen, optimizándose así os atraques e mellorando a seguridade e operatividade das actividades que se realizan en ditos recintos.

Por este motivo, proxectouse a retirada de defensas de rosario e a realización dunhas novas tipo VA en ditos portos. Asimesmo, colocaranse novas escaleiras para mellorar a seguridade e operatividade dos usuarios. Esta actuación sumarase á proxectada reordenación da dársena.

DEFICIENCIAS
ACCESOS

1 Barreiras. Pese ás melloras levadas a cabo e ás que están proxectadas, Portos de Galicia ten dende hai varios anos diversas actuacións pendentes no recinto portuario de Ribeira. Unha delas é o control dos accesos. As barreiras instaladas no seu día levan máis dunda década inoperativas.

2 Limpeza. Tamén a deficiente limpeza do recinto vén sendo obxecto de queixas por parte dos usuarios, ao ilgual que a seguridade, reclamando que esta se faga con presenza física, e non só con cámaras.

08 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.