Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Incluirán os traballos a renovación integral de pavimentos, dotación de servizos básicos e sistema de apertura de portas co teléfono móbil // Beneficiarán a 260 barcos TEXTO M. Torres

Mar vai levar a cabo melloras en fingers e pantaláns en Testal

Froito das demandas transmitidas á Xunta por parte da confraría de pescadores de Noia, a Administración galega realizará melloras no porto de Testal. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten aberto o proceso de licitación para a contratación das obras nas instalacións aboiantes deste porto, unha actuación que beneficiará a máis de 260 embarcacións pesqueiras. Así o anunciou onte a titular de dito departamento autonómico, Rosa Quintana, durante unha visita á localidade noiesa, na que estivo acompañada pola presidenta do citado ente público, Susana Lenguas.

Segundo explicou Quintana, as reformas levaranse a cabo en pantaláns, fingers e pasarelas e os traballos saen a licitación cun orzamento de 450.000 euros. A obra contempla, entre outras actuacións, a renovación integral do pavimento do pantalán, substituíndo o actual por madeira tecnolóxica; tamén se habilitarán os servizos básicos de alumeado e subministro de auga e sanearanse e pintaranse os pilotes.

Asemade, o proxecto de mellora das estruturas aboiantes inclúe a implantación dun sistema electrónico de control de acceso ós pantaláns para reforzar a seguridade da frota, co que a apertura e peche destas portas controlarase por parte dos usuarios a través dos seus teléfonos móbiles. Finalmente, tamén para reforzar a seguridade no porto, balizarase a punta da liña de pantalán.

En canto aos prazos, a conselleira sinalou que estas intervencións contan cun período de execución previsto de 4 meses desde a súa contratación e especificou que rematou recentemente a presentación de ofertas con 10 propostas rexistradas.

Ademais de dar resposta ás necesidades do sector pesqueiro, Rosa Quintana destacou que con este tipo de actuacións a Xunta busca facer as zonas costeiras máis atractivas tanto para os veciños como para os visitantes, un obxectivo que concorda con outras accións realizadas polo Executivo autonómico na zona, como o acondicionamento da lonxa de Testal cun orzamento de máis de 560.000 euros e que consistiu na mellora do pavimento interior da sala de poxas, nas cubertas e nos canlóns e baixantes. Tamén se realizaron traballos de mellora da eficiencia enerxética, do alumeado interior e do portal de acceso e creouse unha zona para os visitantes.

Resaltar que estes equipamentos favorecen o desenvolvemento e a sustentabilidade da pesca costeira artesanal que realiza a súa actividade na rula e no porto. Son importantes para Testal, que destaca pola súa achega ó marisqueo de Galicia co berberecho como especie estrela.

A PROTAGONISTA
“trátase de FACER máis competitiva a ACTIVIDADE”
Rosa Quintana
Conselleira do Mar

Durante a súa visita ás instalacións do porto noiés de Testal, Rosa Quintana subliñou que estas melloras “darán resposta ás necesidades do sector profesional trasladadas pola confraría de pescadores da localidade e o Concello de Noia e mellorarán as condicións de traballo das mulleres e homes do mar”. De aí, engadiu, a súa “importancia fundamental para seguir xerando vida nas instalacións portuarias e facer a actividade marítimo-pesqueira máis competitiva”. Deste xeito, a conselleira reeditou onte o compromiso da Xunta de Galicia co sector marisqueiro, que considera estratéxico para a Comunidade e que xera uns oito mil empregos e factura ao redor de noventa millóns de euros.

{ BLANCO O NEGRO }
Invertir para salvaguardar
Marta Torres

Los puertos son fundamentales para las economías de las localidades costeras de Galicia y para el desarrollo de su entorno. De ahí la importancia de las mejoras que ha anunciado la Xunta de Galicia para Testal. Es el compromiso que ha adquirido el Gobierno autonómico con concellos y entidades marineras, como es el caso de la cofradía de pescadores San Bartolomé: mejorar de manera constante las zonas portuarias para favorecer la generación de riqueza y empleo en la Comunidad. En la comarca de Noia este compromiso se ha cumplido a rajatabla llevando a cabo inversiones como las de la fachada marítima de Porto do Son, cuyo presupuesto asciende a más de cuatro millones de euros. Hay que invertir para salvaguardar.

01 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito