Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mares da Fin do Mundo estrea unha sección oficial

Outes. A cuarta edición de Mares da Fin do Mundo, unha mostra internacional de cinema documental, regresará a Outes, onde se celebrará entre o 29 de outubro e o 1 de novembro. Farao continuando coa súa aposta polo xénero documental que explora as temáticas relacionadas co medio ambiente mariño e a pesca sostible, exhibindo un total de 21 filmes nacionais e internacionais nas súas diferentes seccións.

Por primeira vez, Mares da fin do Mundo contará cunha competición oficial na que participarán quince obras documentais, cuxo gañador se levará un trofeo e 500 euros.

Como novidade, proxectaranse outras producións no marco da sección Proa, na que cada ano programará filmes e cineastas na vangarda do cinema da realidade, e Popa, dedicada á proxección de arquivos e filmes históricos. Ademais, o público da mostra poderá ver Iorram, Fasquiando o futuro e unha curtametraxe desenvolvida polos participantes do Obradoiro de Cinema na Ría de Muros e Noia, promovido polo GALP.

A maiores, o programa inclúe varias actividades paralelas que terán lugar no centro náutico do Freixo. Entre elas, unha mesa redonda, unha degustación gastronómica e unha exposición. m. t.

23 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.