Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 18 septiembre 2021
20:21
h

Medio Ambiente estuda colaborar na mellora do entorno da Pousada

LOUSAME. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladoulle á alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, o seu compromiso de estudar as posibilidades de colaboración por parte do seu departamento para mellorar e acondicionar o espazo público da Pousada. A rexedora indicoulle á representante autonómica que o Concello ten un proxecto para mellorar o estado actual desa zona, apostando por un espazo máis amplo e seguro, co obxectivo de prestar os mellores servizos aos veciños e veciñas da localidade. Pola súa banda, Ángeles Vázquez solicitoulle á mandataria lousamía o proxecto desta actuación, que conta cun orzamento de preto de 100.000 euros, co fin de analizar o seu contido e determinar unha posible colaboración no mesmo por parte dos diferentes departamentos da Consellería. s. souto

26 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.